os felos

| As orixes da máscara remóntana algunhas fontes ás festas pagás da Protohistoria: sociedades tribais, totems, feitizos de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras deixano nas hedonista da Roma imperial. os medievalistas, na época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos, Reminiscencias precristians; culto ó viño e ó pracer; connotacións sociais e relixiosas do medievo. Entre todas -intuímos – modelaron o fenómeno.

O termo felo ten difícil interpretación. É sinónimo de máscara. Semánticamente a verba xermánica (fillon) indica que pode azoutar. Felón e felonía coa rebelión do vasalo contra o señor feudal. Maceda asenta bastión fortificado dendo o século XII.

Pululaban os Felos a pé divirtíndose de aldea en aldea. O son provocativo das chocas disuadía os lobos nas perigosas noites de invernía. Logo invadían a vila e non se afastaban da zona. Bebían ovos con viño para soportar o inmenso desgaste físico. Non pedían diñeiro. Tampouco destapaban a carauta diante da xente. Perseguían ós que se metían con eles. As mulleres chacoteábanos. Faldriqueaban con elas co caiado nun flirteo cómplice xeralmente admitido. Lucían traxes de solteiros. Algúns pasaban máis dunha semana disfrazados día e noite polas aldeas. Durmian nas palleiras. Só demandaban comida e bebida nas casas para continuar o trouleo.

A máscara -de sonriso retranqueiro- representa a virilidade máis fidedigna. O Felo da medo. Pódeselle insultar. Endexamais tocar nin tentar sacarlle a carauta. Transgrede as normas. É a autoridade nestas datas. Seu espíritu anárquico e rebelde, estase modificando. Hogano confórmanse en grupos. Os cativos da vila tamén. Incorporáronse na década pasada. Algúns sitúanse estratéxicamente nas entradas de Maceda. Intimidan ós que entran e saen nos coches para que lles solten cartos. Descúbrense. Introducen outros costumes. Novos tempos que -nalgúns xestos- colisionan coa tradición |

Santiago Prol