laza | farrapada | a farrapada é unha especie de loita con trapos enchoupados en bulleiro. cando a farrapada remata, a praza da picota fica convertida nun campo de batalla cheo de cinsa, farelo... e formigas.

laza | farrapada | tódolos que se atopen na praza son obxectivos potenciais dunha desputa que nos últimos anos se ten trocado en batalla campal.

laza | farrapada | tódolos que se atopen na praza son obxectivos potenciais dunha desputa que nos últimos anos se ten trocado en batalla campal.

laza | peliqueiros | o nome venlle da pel de animal que leva cubrindo a careta. esta pel (ou pelica) soe ser de gato ou cordeiro. a careta é de madeira de aliso, rematada cunha mitra que leva pintada unha figura de animal. a careta e mailos os chocos son as partes mais antigas, quizáis prehistóricas e son estes elementos os que lles dan o seu carácter de autoridade relixiosa-espiritual.

laza | peliqueiros | ninguén pode tocalo. é o rei indiscutible da festa e a vez, gardián de tódalas demais personaxes do entroido.

laza | baixada da morena | «a morena» é un home que suxeita por medio dun pau unha cabeza de vaca feita de madeira, tapado por unha manta.

laza | baixada da morena | cando «a morena» chega á praza da picota arremete contra todo o mundo, pero principalmente contra as mulleres, ás que tenta levantárlle-la saia; estas, non poden mais que tentar fuxir, porque «se a saia tentar baixar, cos toxos lles van dar»

laza | formigas | as formigas acompañan ó burro e a todo o séquito de xente que baixa dende o barrio de cimadevila con toxos e cobelleiros. non valen calquera clase de formigas, son as denominadas "cabalararias", de gran tamaño e dunha cor mais ben vermella.

xinzo | corredoiro | o domingo corredoiro dá paso ó domingo de entroido. é neste día cando comezan a deixarse ver as primeiras pantallas e os primeiros disfraces.

xinzo | pantallas | as pantallas percorren de xeito incansable as rúas da vila, cunha marcada ritualidade que as converte nas donas dun espazo no que domina a subversión dos valores establecidos.

xinzo | pantallas | a misión da pantalla é procurar a aqueles que durante os días do entroido ousan saír á rúa sen ningún tipo de disfrace. cando o infractor é apañado, as máscaras oulean e este vese obrigado a pargalles ás pantallas unha rolda de viños no bar máis achegado.

xinzo | pantallas | avanzan en grupiños, cun elegante choutar e dúas vexigas en cadansúa man. bátenas constantemente, para atemorizar aos transeúntes.

xinzo | pantallas | as pantallas non poden ser insultadas ou aldraxadas, fagan o que fixeren. tradicionalmente, tampouco podían retirar a máscara en público, pero esta é unha lei bastante laxa na actualidade.

xinzo | entroido | o entroido de xinzo comulga hoxe en día coa tradición máis anterga e a culturización da troula

entroido

o entroido como forma tradicional e diferenciada do carnaval progresivamente uniformado baixo as pautas daqueles celebrados en río de janeiro ou tenerife pervive en moitos recunchos de galicia, pero é en ourense onde cecáis esté máis vivo e se celebre dun xeito máis participativo. o triángulo máxico: xinzo, laza e verín, definen os carteis promocionais dunha zona que convoca cada ano a ducias de miles de visitantes que queren presenciar uns festexos que as guías turísticas e os programas especializados consideran auténticos.